Vértice de versos con cuestionario
Vértice de Versos é unha longametraxe documental na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. É un proxecto audiovisual que presta atención ao valor didáctico que permite coñecer a principal fonte literaria galega.
É a primeira vez que un documental se adentra na poesía galega, descubrindo a súa historia, contando a revolución literaria dos 90 e coñecendo como están sendo as novas formas de expresión poética.
O director é Carlos Lorenzo e asume tamén o papel de produtor e guionista. Na web do proxecto tedes máis información detallada.
Poderémolo ver mentres dure a corentena. Aproveitade!!!
E despois de ver o documental podedes responder este cuestionario Vértice de versos.
Grazas a Inma Otero!