Gravidade
AG.- Seguimos estudando ciencia como os científicos e científicas.
Os habitantes imaxinarios do planeta Raticulín alcanzaron a tecnoloxía suficiente para enviar unha sonda ao seu satélite Serea.
O sistema de propulsión consiste nun canón magnético que vai desde o centro do planeta á súa superficie.
Cal é a velocidade mínima que precisa esa sonda para chegar a realizar un litofrenado en Serea?
Datos:
Distancia entre os astros 10 m.
Radio de Raticulín 1 m.
Radio de Serea 0.5 m.
Masa de Raticulín 3 Kg.
Masa de Serea 1 Kg.
Masa da sonda 10e-6 Kg.
Consideracións simplificantes.
Raticulín e Serea non teñen atmosfera e manteñen maxicamente a distancia a pesar de non orbitar un en torno ao outro.