Let’s write!
AG.- Unha das tarefas que máis lle custa ao alumnado é a de redactar correctamente, especialmente en lingua estranxeira. A profesora Ana Arias recolle nesta presentación os principais factores que se deben ter en conta á hora de levar a cabo unha boa redacción en presente. Anímaste a facer o exercicio proposto?
Por outra banda, podes completar esta práctica coa actividade deseña pola profesora Olalla Calo. Trátase de empregar este padrón con formato de publicación en instagram no que contes a túa rutina diaria durante este confinamento. Lembra engadir unha foto, cancelos, emoticonas ou calquera outro elemento que che pareza oportuno.