«Palavras cruzadas», de Paulo Freixinho
AG.- Despois dun tempo «en obras», o cruciverbalista profesional portugués, Paulo Freixinho, presenta a súa nova web. Un espazo óptimo para os amantes dos encrucillados que queiran practicar o seu portugués (e, daquela, tamén o seu galego).
Paulo Freixinho leva xa máis de 30 anos a publicar os seus pasatempos en medios impresos como o Público, a Caras, o Jornal de Angola, o Jornal de Trás os Montes, as Selecções do Reader’s Digest ou o Almanaque Bertrand.
A web ofrece entre outras cousas «Palavras Cruzadas» online e para imprimir, de distintos niveis de dificultade, xenéricas e temáticas, para todas as idades. Tamén conta cun útil dicionario para afeccionados ao cruciverbalismo. E non deixedes de visitar o seu magnífico blog.
En fin, un marabilloso recurso!
Grazas!
🙂
https://www.palavrascruzadas.pt/project/encrucillados-portugues-galego-froitas/
A ti, Paulo! Un pracer divulgar o teu labor.