Contos para as crianzas

AG.- Os contos supoñen unha bonita e interesante maneira de achegar á cativadas os seus primeiros coñecementos. Estimulan a imaxinación, grazas á fantasía e á maxia que espertan, a linguaxe, os lazos afectivos, a creatividade…

Nos primeiros meses de vida, debemos ofrecerlles contos de texturas e sons, que teñan imaxes grandes e que permitan a manipulación, pois é o medio de aprendizaxe dos bebés. Podemos resaltar os contos “Do berce á lúa” da editorial Kalandraka que son atractivos pola súa sonoridade, emoción e curiosidade, permiten xogar coas palabras e os pictogramas.

Nas idades entre 1-2 anos, os contos estarán máis enfocados a protagonistas cos que se sintan identificados, animais, de pop-ups, imaxes agochadas ou con final sorpresa como por exemplo os libros de “Cucú-tras” ou “O polo Pepe” da editorial SM, entre outros moitos.

Segundo van medrando as crianzas tamén o deben ir facendo os contos, polo que é importante que as historia se vaian complicando, que teñan máis personaxes, que permitan modular as voces, que traballen as emocións, que ofrezan diálogo e mesmo que teñan personaxes malvados. Aquí podemos ofrecer contos como “Os chibos chibóns”, Cocorico”, “A escaleira” ou “Ñac ñac”.

A lectura dos contos, compartida coas familias e na escola, é un feito afectivo, creativo e intelectual de enorme peso para o desenvolvemento dos nenos e nenas. Crean momentos máxicos e foméntanse valores de forma dinámica.

Verónica Carbajales


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *