Reto lector
AG.- Hoxe, a mestra Fátima Rúa, quere propoñer un pequeno recto lector!
Estamos seguras de que á maioría de vós vos encantan os contos. Lelos ou que volos conten. Para conseguir superar este reto lector, formado por doce desafíos, teremos que ler, buscar, debuxar, escribir… empregando os libros que teñamos na nosa casa. Se precisamos axuda, seguro que as nosas familias están encantadas de facelo con nós!
A idea é que cada día da semana (de luns a venres) fagades dous dos retos propostos. Podedes facelos por orde, por sorteo ou empregando un par de dados e sumando as caras.
Resolveredes os retos na ficha de reconto (ou nunha folla aparte) e, cada vez que consigades un, pintaredes un dos libros debuxados no “total”.
Para conseguir o reto total deberedes completar 10 dos retos que aparecen nas tarxetas. Ademais, tedes dous retos extra por se vos apetece alongar máis a emoción!!
Animádesvos?