Reto de investigación
AG.- Seguimos coas escolas helenísticas: estoicismo.
Propoñémosche un reto: pregúntalle á túa avoa/avó, veciña/o, familiar entrado en idade sobre como entende a vida, o destino e o sufrimento… verás como na cultura galega hai unha base de moral estoica moi interesante!
Unha vez que teñas anotado no caderno estas respostas, podes ir á Galipedia e verás como ás veces as aulas de filosofía teñen máis que ver con nós do que pensamos!!
Aquí che deixo o link: https://gl.wikipedia.org/wiki/Estoicismo