Greguerías modernas con Antílopez
AG.- IDEAS, IDEAS E MÁIS IDEAS!!
As greguerías son textos breves (unha soa oración de dúas ou tres liñas) que expresan de forma aguda e orixinal, pensamentos filosóficos, humorísticos, pragmáticos, líricos ou de calquera outra índole, que xorden dun choque casual entre o pensamento e a realidade.
Considéranse un xénero creado por Ramón Gómez da Serna, que as definiu con esta sinxela fórmula:
humorismo + metáfora = greguería
Gómez de la Serna explica no prólogo a Total de greguerías (1955), que os antecesores destas “ideas” foron Luciano de Samosata, Horacio, Shakespeare, Lope de Vega, Quevedo, Jules Renard, Saint-Pol Roux ou George Santayana, entre outros.
As greguerías teñen unha faísca ou efecto sorpresa pode obterse con diversos recursos, por exemplo:
-a asociación visual de dúas imaxes: “El agua se suelta el pelo en las cascadas” o “La O es la I después de beber”.
-o ilóxico dunha relación lóxica: “El polvo está lleno de viejos y olvidados estornudos”.
-a asociación libre de conceptos ligados: “El par de huevos que nos tomamos parece que son gemelos, y no son ni primos terceros”.
-a asociación libre de conceptos contrapostos: “Lo más importante de la vida es no haber muerto”.
Gómez de la Serna dedicou boa parte da súa vida á difusión da greguería como xénero literario, que cultivaba en seccións fixas dos xornais, e recompilou en Greguerías, Flor de greguerías ou Total de greguerías.
Cremos que este xénero tan xenial parécese moito ao que Antílopez (cun poema documental de Miguel Ángel Márquez e realizado por Pedro J. Canela) fixo neste vídeo. Titulárono “Se me viene la casa encima-Inventario de confinamiento”. Atendede porque é simplemente xenial.
Pois queremos que fagades algo semellante. Escribe todas esas “greguerías” enxeñosas que de seguro se che ocorreron algunha vez e se queres fai un vídeo na que as narres.