Día Internacional dos Museos
AG.- Un ano máis o Museo de Pontevedra súmase á celebración do Día Internacional dos Museos que este ano ten como tema “Museos pola igualdade: diversidade e inclusión” O obxectivo desta celebración é converterse nun punto de encontro para celebrar a diversidade de perspectivas que conforman as comunidades e o persoal dos museos, así como promover ferramentas para identificar e superar os prexuízos cara ao que os museos mostran e as historias que contan.
Con motivo da pandemia que estamos a sufrir a escala mundial, tiveron cambiar as actividades previstas para recibir ao público nas súas instalacións por unha celebración a distancia na que amosan os vídeos que lles enviaron diversas asociacións que traballan no eido da inclusión social.
Voces diversas que senten o Museo, recolle os testemuños de persoas dalgunhas destas asociacións que nos relatan a experiencia vivida na súa visita ao Museo ou nalgunha das actividades que realizan.
E agora por que non vos unides a esas voces para contarnos o voso testemuño, a vosa experiencia da visita a un Museo? Podedes deixar a vosa voz nos comentarios, enviárnolas a aulasgalegaslinguagalega@gmail.com ou partillar nas redes co cancelo @artistasaulasgalegas, #aculturasegue.