Arrimar os lombos
AG.- Hoxe imos propoñervos unha actividade de creación. Trátase de arrimar o lombo, si, si, oístes ben o lombo! Pero non o voso, o dos libros!
Mirade a infografía que aquí vos deixamos e se non a vedes ben, picade aquí. As instrucións son ben claras. Veña, arrimade os lombos!
Esperamos as vosas fotografías co resultado ou os vosos audios tecendo historias, ben nos comentarios desta publicación, ben no correo aulasgalegaslinguagalega@gmail.com.
Grazas a Elba Cancio Villamarín e a Alexandra Cabana Outeiro do IES da Terra Chá pola proposta. Tamén vos animan a partillar os resultados cos cancelos #poesíadoconfinamento, #poemasdacorentena, #poesíanacasa.