Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia – O noso amor só ten ollos no corazón

No 17 de maio non todo son Letras Galegas porque hoxe tamén é o Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia e en Aulas Galegas este día queremos conmemoralo cunha obra artística de Lía Fernández Rial (Rúa unha estudante do IES das Barxas) creada ao abeiro das aulas da nosa compañeira Luz Beloso.

Este vídeo nace da necesidade de Lía de transformar as súas vivencias discriminatorias en algo positivo e fermoso, de afirmar que o amor é demasiado grande para estar metido en ningún armario.

Para isto contou coa xenerosidade de Miguel Angel Alonso Díz que creou este marabilloso poema para a ocasión, e tamén coa axuda das súas compañeiras e compañeiros e parte do profesorado deste centro.

Como vedes, ao final acabamos enchendo de letras galegas, as de Miguel, tamén esta conmemoración.

Proposta didáctica: Agora es ti quen ten a encarga de transformar a mensaxe positiva de Lía Fernández nun poema ou videopoema, deixa que o teu interior saia e se exprese a través das palabras.

Aproveitamos tamén para felicitar coa súa propia obra á nosa compañeira Luz Veloso que hoxe está de aniversario. Parabéns Luz!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *