Ricardo Carvalho en LSE e con Pictogramas

AG.- Aínda que este ano a situación obrigou a mudar por primeira vez a data en que se celebra o Día das Letras Galegas, nós queriamos de todos os xeitos ter un agarimo para unha data tan sinalada para nós.

Aquí tendes algunhas das nosas propostas do conto, primeiro o conto e logo unha batería de actividades para diferentes niveis, en LSE e con pictogramas.

Aquí podedes ver o conto completo cedido por www.aspitas.gal e Editorial Embora. Grazas

Tareixa déixanos o conto en LSE para que todos e todas poidamos gozar del.

Milinha déixanos unha biografía de Ricardo Carvalho en lectura fácil adaptada con Pictogramas, así como unha bateria de actividades; pero non queda aquí a cousa, sigue lendo máis abaixo, tes moitos xogos interactivos:

LETRAS GALEGAS.ACTIVIDADES

Dende o Colexio Santiago Apóstol de Soutomaior deixan este xogo interactivo co que podemos aprender de Ricardo Carvalho, traballar a lectura e as matemáticas.

Na páxina da Real Academia Galega atopamos fichas para colorear que podedes descargar  aquí  OMEU LUGAR NO UNIVERSO e tamén marcapáxinas, se premedes aquí, e unha ficha para colorear aquí.

E Lucía López presenta unha escolma de curiosidades de Ricardo Carvalho e un dos seus poemas con pictogramas.

ESCOLMA DE CURIOSIDADES, POEMA ADAPTADO

A nosa compañeira Beatriz  Doval preparou este xogo para ver se coñecemos ben a Ricardo Carvalho Calero, para 4 e 5 de primaria.

Imaxe destacada: do fotograma de youtube


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *