Actividades para as Letras Galegas 2020
AG.- Como xa sabedes este ano o autor homenaxeado para as Letras Galegas 2020 é o ferrolán Ricardo Carvalho Calero.
A celebración deste día foi adiado pola crise que estamos a vivir pero aínda así queremos ofrecervos unhas actividades moi chulas para celebrar este día na corentena:
- A mestra Nuria González tráenos unha actividade Montessori moi interesante para coñecer o noso lugar no mundo e situar o noso autor homenaxeado
Descarga aquí as instrucións: O MEU LUGAR NO UNIVERSO
E aquí as tarefas: O NOSO LUGAR NO UNIVERSO.
- Outra das nosas propostas para este día vén da man da mestra Sheila García.
A partir do conto: As pitas baixo a choiva de Carvalho Calero, esta mestra amósanos unha actividade ben chula para realizar coa rapazada!
O conto podedes atopalo aquí: http://aspitas.gal/
E neste vídeo a actividade:
- Neste link do Seminario Galán tedes información e actividades para coñecer un pouco máis este escritor galego:
Biografía Infantil Xogo e actividades para cada idade: 4º Educación Infantil, 5º Educación Infantil, 6º Educación Infantil
- E por suposto na web: https://primaveradasletras.gal/
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.