Música e artes plásticas, unha relación fluída
AG.- Hoxe propoñémosche unha actividade lúdica: que vexas un vídeo musical e tentes identificar o maior número das obras de arte que aparecen imitadas nel. Dust my shoulders off, da artista pop chinesa Jane Zhang, ten xa preto de catro anos pero está na liña das imitacións de arte que está tan de moda nestes tempos e das que falamos noutro recurso que está en Aulas Galegas, o de Imitar obras de arte.
Desde un museo onde se expón a primeira obra, Jane Zhang vai entrando en distintos cadros, moitos deles moi coñecidos. O traballo de imitación é de altísimo nivel, se che gusta este videoclip seguro que vas gozar tamén do vídeo no que explican como fixeron as caracterizacións e a rodaxe.
E xa postos… de que trata a canción? Ten relación a letra coas obras que aparecen? Que personaxe do mundo do boxeo aparece? E que dous personaxes de película de ciencia ficción?
Por certo, hai xa dez anos un divertidísimo vídeo musical fixo virais unhas imitacións de arte moito máis caseiras ca as de Jane Zhang, eran os Hold Your Horses! coa súa canción 70 millions. Tiveron tanto éxito que repetiron parte da canción só con cadros do impresionismo e postimpresionismo
Imaxe de Plum Leaves en flickr.com
Actividade de Alexandra Cabana Outeiro @aprofedehistoria