Desconfinamento da lingua galega
AG.- Nestes días nos que está a ser actualidade informativa o plan de desconfinamento progresivo da poboación por mor da pandemia da Covid-19, o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega do IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo) preséntanos o seu propio Plan de desconfinamento da lingua galega, un documento marco deseñado para implementar de forma voluntaria, asimétrica, gradual e coordinada. No documento ofrécense unha serie de medidas, co seu respectivo cronograma, para que o alumnado desenvolva en catro fases coa axuda do profesorado. O obxectivo é desconfinar gradualmente o galego ata que a rapazada acade unha nova normalidade lingüística.
E vós, desconfinádesvos con nós?
Tamén vos deixamos este cartaz do Servizo de Normalización Lingüística do concello de Ames para que saibades utilizar ben o vocabulario desta tempada.