A busca do tesouro!

AG.- Estás list@ para atopar o tesouro? Hoxe, Rocío Díaz Reimonde, mestra de Primaria no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Burela, proponnos converternos en investigadores!! Velaí van as instrucións:

★ Escoller o tesouro.
★ Agochar as pistas por toda a casa.
★ Poñer pequenos retos en cada pista (sumas de decenas ou centenas, cálculo mental, facer exercicio físico, elaboración de oracións, cantar unha cantiga, contar en serie para diante e para atrás, dividir palabras en sílabas, responder preguntas relacionadas coas ciencias naturais ou sociais, facer un debuxiño sinxelo…).

É interesante non facer retos en todas as pistas para evitar que cansen. Por iso hai un par delas que son comodíns, por así dicilo.

ANIMÁDEVOS E… ATOPADE O TESOURO!!

Vector de Fondo creado por freepik – www.freepik.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *