Xogo heurístico
AG.- O xogo heurístico é unha continuidade do cesto dos tesouros (actividade realizada con bebés). Este tipo de experiencia permite a manipulación e a exploración do espazo e dos distintos materiais que se presentan, e que invitan a combinar, clasificar, ordenar, agrupar e recoller, de forma libre e autónoma.
- O primeiro paso será facer varias coleccións de materiais (cunchas, tapas, cortizos, cestas de vimbio, pelotas, pezas de madeira…) que podemos atopar polo noso contorno, e que deben ser de orixe natural (lá, teas, cartón, madeira, metal, plástico…).
- O segundo paso é facer unha bonita presentación do espazo e dos materiais que conviden á participación (para comenzar só presentaremos dúas colección, dous tipos de materiais, e logo iremos ampliando segundo vexamos que evolucionan).
- E o terceiro paso é observar como interaccionan de forma libre polo espazo e cos distintos materiais.
María Sandra Ocampo Lagoa
♡♡♡ me encanta♡♡♡