África
AG.- Como vemos que os traballos que facemos todos xuntos están gustando moito, aquí traemos outra proposta conxunta de toda a sección de atención á diversidade, cargada de actividades inclusivas . Esta vez trátase de xogos sobre África.
Ana cóntanos como facer un brazalete con refugallos:
A nosa compañeira Milinha preparounos unha “Viaxe diferente por África” podedes descargar o documento na seguinte ligazón
Alba preparou este xogo tan divertido:
Tareixa indícanos como dicir en LSE diferentes animais de África:
No seguinte xogo, que nos presenta Beatriz Doval, trátase de traballar a nivel motor (imos contando o conto e explicándolles os movementos que deben facer). Tamén ten un xogo dos animais da sabana africana (para imitar a súa forma de desprazarse), as pegadas dos animais (para repartir pola casa) e unha folla de explorador/a para saber de que animal son as pegadas. Tamén inclúe a canción “De safari” do libro CD “As Maimiñas: unha viaxe polo mundo”, para compartir un anaquiño de baile e expresión corporal.
Bea preparou duas actividades para coñecer os animais salvaxes
Alba tamén preparou unha actividade de educación musical para traballar dende a casa. Golpea a folla segundo o ritmo da música seguindo a secuencia de pictograma. Despois do vídeo tedes máis xogos preparados:
Eva preparou varias actividades
Belén preparou varios xogos sobre os animais de África: