Telexornal 2.0.
AG.- Hoxe, Rosa María Cajade Rodríguez, rétanos a crear unha nova para emitila no noso Telexornal 2.0. pero… na nosa propia televisión!!
Para pór en marcha esta actividade, que implica moitas disciplinas ou materias, tes que ter claro o que vas traballar:
- TRABALLO COOPERATIVO E EN EQUIPO: a túa familia e mais ti!
- EDUCACIÓN PLÁSTICA: facer unha televisión de cartón ou calquera outro material que queiras ou teñas, dende onde vas retransmitir a nova.
- LINGUA GALEGA: elaborar a nova, tendo en conta os elementos que debe ter para estar ben feita.
- TICs: gravación e edición dun vídeo onde se vexa o teu fantástico traballo.
Para facer a televisión, dámosvos unha idea. Para iso precisarás os seguintes materiais:
- Unha caixa grande de cartón.
- Unha coitela.
- Tesoiras.
- Pegamento.
- 2 pallas.
- 1 rotulador negro.
Debuxaremos na caixa de cartón un rectángulo a modo de pantalla e o cortaremos coa coitela. Co sobrante, imos facendo varios círculos, para os botóns da nosa televisión.
Co rotulador negro, debuxaremos o que será o borde e as patas da nosa tele.
Arriba pegarémoslle as pallas, imitando a antena e os botóns a un lado da caixa.
E xa temos a nosa televisión caseira de cartón. Quen non foi neno e colleu unha caixa para xogar?
Esperamos vervos moi pronto dentro das pantallas con noticias frescas!! 😉