Ratatouille
AG.- Se che gustou o filme Ratatouille de Walt Disney Pictures, vanche encantar as actividades achegadas pola profesora Luana BR. Primeiro, pídeche que mires este fragmento e que contestes unhas preguntas.
En segundo lugar, tras ver estoutro anaquiño da película, debes identificar os personaxes e facer unha pequena reflexión.
Finalmente, deberás inspirarte neste vídeo coa receita deste famoso prato francés para facer a túa propia lista da compra.
Velaquí podes descargar a ficha de traballo. Adiante!