Atrapa os números co rato!

AG.- Neste xogo creado  co Scratch online, proponse que o neno/a de infantil atrape os números co rato. Ao comezo do xogo os números que ten que coller son o 8, 4 e 1 ata chegar aos dez puntos. Unha vez que chega a esa puntuación os números cambian. Recorda que se clicas no que non é o correcto quítanche puntos.

Anímate a xogar e chega a 20 PUNTOS

Tamén podemos xogar na tablet. Aí moveremos co dedo e pulsaremos enriba do número indicado.

https://scratch.mit.edu/projects/379531774/

Creado por Santiago Gil Castro (Mestre de Educación Infantil)

Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *