E ti que ves desde a ventá?
AG.- Agroma a esperanza é o título dun poema colectivo creado remexendo os pés de foto que o profesorado do IES Aquis Celenis colocou nas imaxes que ven desde o seu confinamento.
Agroma a esperanza é tamén unha posta en valor: fóra das nosas ventás a vida continúa e, dentro, aprendemos a valorar mellor a beleza inmensa que nos acubilla. Isto foi o que vimos o profesorado do Aquis Celenis ao abrirmos as fiestras da nosa casa.
E vós, que vedes dende as vosas fiestras? Podedes deixarnos as vosas achegas nos comentarios ou no correo aulasgalegaslinguagalega@gmail.com