Agora que podemos saír… viaxemos!

AG.- María Grandío Montes proponnos unha viaxe moi particular.

Agora que podemos saír por fin á rúa despois de tanto tempo na casa, o que antes era algo normal e nada atractivo, preséntasenos como unha viaxe fantástica. Aquí che deixamos un precioso diario de viaxe que poderás completar cada vez que saias da casa a calquera sitio.

Aínda que é pouquiño tempo, pouquiño traxecto e lugares que xa nos son coñecidos (supermercados, bancos, farmacias,…) sabemos que saberedes contalo como se fose unha aventura espectacular. Sede creativas e creativos e contádenos as vosas saídas!

Botádelle un ollo ó diario ITINERARIO DE VIAXE A


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *