A baralla de famos@s
AG.- Hoxe, unha proposta lúdica que nos envía Naír García. Ben acaída, por certo, para estes días de permanencia no fogar: a baralla de famos@s.
É unha baralla de persoeiros galegos. As opcións de xogo son varias:
• Xogar a «Adiviñar a personaxe». Unha persoa escolle unha carta e describe a personaxe para que os seus oíntes a identifiquen.
• Xogar ao «Quen son eu?». A persoa escolle unha carta e pona na cabeza sen mirar quen lle tocou. Logo pode facer preguntas ao público para tratar de adiviñar de quen se trata.
• Practicar a descrición, o vocabulario da aparencia física e o léxico das profesións.
En fin, unha forma lúdica de traballar a lingua oral a partir dunha sinxela serie de cartas. Dispoñible aquí (en PowerPoint) e aquí (en PDF).
A personaxe que escollín para o xogo é un home maduro, non é atlético e aparenta ser baixo. A forma da sua cara é ovalada, o cor do seu cabelo é branco e non ten moito, ten ollos grandes e vivaces e unha boca pequena.
É un home elegante e recoñecido no mundo, seu desgaste é moi formal e parece que ten un carácter fuerte pero se coñece por ser moi boa persoa.
Luis Tosar
A muller que escollín e a muller máis livre da poesía galega e da liverdade. É a unha das miñas persoas que a través das sus poemas deixo e marcou o amor e liverdade pra ser humano.
Fermosa descrición! Pode ser Rosalía de Castro, por exemplo. Graciñas polo comentario!
Rosalía de Castro
O personaxe que vou describir e un home moreno, e segundo véxalo pode ter una expresión dura, nobre ou tenra, e un dos mellores na súa profesión. É un loitador ou polo menos iso paréceme .
O personaxe que vou describir e unha muller cunha expresión seria e serena . Defensora da liverdade e igualdade no mundo coa súa poesía.
O personaxe que vou describir e unha muller joven co cabelo louro, liso e longo. Ten os beizos pintados de vermello e os ollos verdes. Na fot ten una expresión seria, pero é unha persoa moi alegre.
A miña persona favorita e a máis importante para a sociedade e para a cultura galega. Unha muller que plasmou nos seus libros moita sabiduria sobre os vellos tempos da nosa Galicia querida e amada. Falo da María Rosalía Rita de Castro, más coñocida por Rosalía de Castro. Apertas.