Unha traxedia clásica para Rosalía

AG.- Cres que Rosalía amosa o perfil de muller tráxica?

Cóntanos Margarita Fernández Gómez que é sinxelo ver en Rosalía unha heroína dunha traxedia grega.

No filme que dirixiu Zaza Ceballos no 2018, baseado nun texto de Raúl Veiga, Contou Rosalía, relátase a vida da nosa poetisa e podemos comparala con calquera das traxedias grecolatinas que coñecedes.

Tras o visionado desta película podemos atrevernos a ser dramaturgos grecolatinos compoñendo unha escena tráxica na que presentemos a Rosalía como unha muller da Antigüidade grega que padece as mesmas desgrazas e ten as mesmas penas que as protagonistas das traxedias gregas.

Podes acompañar a túa composición de outras manifestacións artísticas (debuxos, efectos musicais ou visuais, caracterización estilística, ou suxestións diversas).

Se necesitas recordar o teatro clásico, deixámosvos unha axuda  teatro-romano-.

Imaxe de Rosalía: https://rosalia.gal/rosalia/imaxes/


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *