Memorias dun neno labrego. Capítulo I
AG.- Seguimos coas lecturas adaptadas. Hoxe imos facer unha viaxe no tempo co libro Memorias dun neno labrego, novela social e histórica do galego Xosé Neira Vilas, publicada na Arxentina o 5 de xaneiro de 1961 por Follas Novas.
No vídeo, ademais de gozar da lectura que nos fai Laura do primeiro capítulo Eu son… tamén poderes ver un recopilatorio dalgunha das imaxes de Ruth Matilda Anderson, fotógrafa estadounidense que retratou a Galicia entre os anos 1924 e 1926. Estas fotografías transportarannos a esa Galicia que o protagonista do libro, Balbino, nos vai describindo, e que de seguro moitos dos nosos avós e avoas non lles resulta estraña nin tan afastada no tempo. Nenos/as de aldea con zocos e pantalóns remendados, que ao igual que Balbino, carrexaban feixes de xestas e botaban o gando antes de ir á escola pública da parroquia.