Xogando coa Moda Galega – Semana do Comercio Xusto
AG.- O sábado 9 de maio é o Día do Comercio Xusto. Para reflexionar sobre a importancia do comercio xusto (chámase así porque non todo o comercio é xusto), propoñemos o xogo de mesa Xogando coa Moda Galega para comprender un pouco mellor como funciona o sector téxtil e de que forma se confecciona a nosa roupa. Atréveste a poñerte na pel doutras persoas para sabelo?
Xogando coa Moda Galega é un xogo de mesa para 4 xogadores/as. Se queres botar unha partida:
- Imprime ou debuxa o Taboleiro de xogo.
- Le as Instrucións de xogo.
- Elixe (e descarga ou imprime) que personaxe vas ser no xogo: Personaxe 1, Personaxe 2, Personaxe 3 ou Personaxe 4.
- Ao rematar a partida, comparte sensacións sobre o que pasou no xogo coa axuda destas Cuestións para reflexionar.
Sorte e a xogar!!
Moi bonito e instructivo. Totalmente recomendable.
Graciñas!
Pingback: Día do Comercio Xusto - sabes canto custa a túa roupa? - Aulas Galegas