Imaxina animais, de Xosé Ballesteros

AG.- Entrada creada por Patricia Pena Barbeito.

Imaxina animais” é o título do libro escrito por Xosé Ballesteros e ilustrado por Juan Vidaurre da Editorial Kalandraka. Nel o autor crea e describe animais imaxinarios a partir de obxectos cotiáNs. Así, cun tirarrollas imaxina o “abrenoites” e a partir del conta como é e cales son as súas características. Queres crear os teus propios animais como neste libro? Pois sigue estes pasos:

  • Pensa nun animal e nun obxecto que teñas pola casa para poder facelo.

  • Invéntalle un nome composto polo obxecto que elixiches e o verdadeiro nome do animal.

  • Agora créalle unha vida, uns gustos, unha forma de ser… Ademais pensa: Que come? É mamífero? Ave? Insecto? Ten amigos e inimigos? É teu, pode ser como ti queiras!

  • Fai agora a túa propia composición dese animal co obxecto que pensaches.

Se queres ler unha pequena parte deste fantástico libro para inspirarte pica AQUÍ, pois a Editorial Kalandraka déixanos ver un pouquichiño del.

Recorda que cando acabe todo isto poderás ir á túa biblioteca de referencia e collelo. Recrearás un mundo de seres imaxinarios, un novo reino animal cheo de creatividade e, de seguro, ben entretido. Iso si, pode que non volvas  mirar o mundo que te rodea cos mesmos ollos. Pode que xa non poidas parar de ver bechos por todas partes… Ui! Mira, mira! Unha “platireta”! Un “clipín”! Un “ganchofante”! Un “rat-ex”! Un “milbotonpés”!

Creacións dos nenos e nenas de 2º de EP do CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral en tempo de confinamento.


2 comentarios en «Imaxina animais, de Xosé Ballesteros»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *