Creamos o noso calendario

AG.- Hoxe imos facer o noso propio calendario cos materiais que teñamos na casa.

-Fai unha táboa de 7 columnas e 6 filas.
-Pon na primeira fila os días da semana.
-Pon en cada cadrado o día numérico.

Co noso calendario imos traballar o tempo que fai cada día.
Todos os días tacharemos o día no que estamos e debuxaremos o tempo que fai nese recadro. Ao rematar o mes faremos unha gráfica na que vexamos cantos días fixo sol, cantos choveu, etc.

Da man da mestra Sandra Pérez Longueira imos pasar unha xornada moi entretida.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *