ARi(t)mar Galiza

AG.- Estamos na 5ª edición de aRi[t]mar Galiza e Portugal, un proxecto ideado e desenvolvido  pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela. Este proxecto ten como obxectivo divulgarmos a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegarmos a cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e afianzar os vínculos coa lusofonía.

 

Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e os departamentos de Galego e de Portugués, ao longo do ano lectivo traballamos de forma didáctica os textos e as músicas co noso alumnado e, posteriormente, escollemos mediante votación en liña as mellores cancións e poesías editadas na Galiza e en Portugal o ano anterior, nesta  5ªedición, as do 2019.

Aquí tedes toda a información actualizada e tamén podedes participar na 2ª fase das votacións. Animádevos!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *