Tecendo con Sandra Bastón
AG.- Hoxe imos visitar o taller téxtil de Sandra Bastón situado no Hío, Concello de Cangas. Nesta visita Sandra vainos explicar cal é o proceso artesanal da elaboración do liño e da lá para convertela en fío e poder tecer. Faremos unha viaxe no tempo recordando un dos traballos artesanais que moitas mulleres levaron a cabo, e que Sandra pon en valor facendo del o seu medio de vida. Tamén nos amosará o vocabulario propio deste oficio.
Unha vez máis, a través desta actividade, traballaremos a reminiscencia. Aproveitade para falar e compartir experiencias cos maiores da casa. Se queredes ampliar a actividade, tamén vos deixamos algúns dos termos empregados no vídeo para recordar o seu significado. Podes descargar a tarefa premendo aquí.
Moitas grazas Sandra por compartir o teu traballo en aulasgalegas!