No obradoiro de “Bicos e non balas”

AG.- Da man da nosa compañeira Mercedes Queixas, profesora e escritora, chéganos un pequeno tesouro: dous vídeos do poeta, e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, Antonio García Teijeiro.  Neles, o autor convídanos a ler con el a súa obra Bicos e non balasUn agasallo moi especial non só porque temos a oportunidade de escoitar recitar ao poeta aquí, senón sobre todo porque o podemos acompañar á cerna da súa poesía, na que os ecos de Bob Dylan, a dor polos nenos soldados e a denuncia polas situacións inxustas se unen para facernos pensar os motivos desta situación. Ademais, o poeta anímanos a crear a nosa propia poemoteca. Queres saber como? Pois logo preme aquí.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *