“MultiFridación”
AG.- Estás canso de escribir no teu caderno? Tes unha morea de fichas xa feitas? Queres practicar a táboa do 2 dun xeito ben diferente? Parabéns, con “MultiFridación” gozarás do artista que es!!!
Escribe os resultados da táboa no debuxo sen pintar e logo, seguindo a gama de cores do debuxo xa pintado, deseña a túa propia versión. Non dubides en compartir o resultado!
E como diría Frida Kahlo: “Viva a vida!”
Actividade e ilustracións da mestra Isabel Fraguela Santos.