Actividade de iniciación á Xeometría GeoGebra

AG.- Actividade para iniciar o alumnado de 1º ou 2º ESO na construción e análise de figuras xeométricas con GeoGebra. É unha tarefa aberta con varios enfoques dependendo do obxectivo que se propoña.
Como exemplo:
Constrúe con GeoGebra as figuras que precises para cada personaxe.
• Debuxa e pinta…
• Clasifica as figuras en polígonos, circunferencias, semicircunferencias, sectores, etc.
• Calcula áreas e perímetros.
• Estuda a presenza dalgunha simetría.
• Hai figuras tanxentes interiores, exteriores?
• Serás capaz de calcular a porcentaxe de superficie coloreada en negro, en vermello, ou sen pintar?
 
Actividade elaborada por Esperanza Gesteira
 

 


2 comentarios en «Actividade de iniciación á Xeometría GeoGebra»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *