“Cidades” poemas urbanos de Fran Alonso.
AG.- O poeta Fran Alonso adoita utilizar as imaxes, fotografías, collages, graffittis para inspirar e acompañar aos seus versos. Neste poemario “Cidades” o mundo das nosas cidades é o protagonista: os seus personaxes, as paisaxes urbanas, o mobiliario, os transportes… coma nun grande plató cinematográfico.
A maioría dos galegos e as galegas vivimos hoxe en cidades e coñecemos moi ben todas as historias que o poeta vigués nos reflicte nos seus versos. Nestes tempos de confinamento as imaxes das nosas vilas e cidades son inusitadas, están baleiras de xente (pero non de vida). Seguindo o exemplo de Fran Alonso animádevos a crear ou recrear uns versos que reflictan o mundo das nosas rúas en tempos de confinamento e xa postos, poderiamos acompañalos dunha imaxe (un deseño ou unha fotografía) para ilustralos.
No seguinte enlace tedes o vídeo do poeta recitando os seus poemas:
https://www.youtube.com/watch?v=govaqvMLX6g&feature=youtu.be
Ou do revés, realizade primeiro a imaxe (lembrade que pode ser un deseño ou unha fotografía desde a vosa fiestra ou balcón) e a partir dela creades ou recreades os versos. E lembrade que nas cidades “chove en amarelo” e “a min gústame correr baixo a chuvia de fideos”…
Se queredes podedes logo enviarnos os vosos poemas ao seguinte enderezo para seren publicados:
aulasgalegas.lecturasc@gmail.com
Boa creación e moito goce para todos e todas.