“Todo o día na casiña” de Magín Blanco
AG.- Magín Blanco preséntanos “Todo o día na casa”, canción na que describe o día a día dos máis pequenos e pequenas da casa neste confiamento. A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove este videoclip con animacións da pintora, ilustradora e profesora Luz Beloso e coas voces de grandes referentes da música galega como son Paty Lesta, Uxía, Guadi Galego, Rosa Cedrón, Carmen Rey, Mari Faltri, Paula Romero e María Costa,
Seguro que moitos de vós vos sentides reflectidos na historia que narra a canción.
Ánimo que xa quedou máis!