Micropoesía sintáctica
AG.- Montse Arza propónnos que rimemos sintaxe.
Os micropoemas sintácticos son, como o seu nome indica, moi breves, e son sintácticos porque a única regra temática é que o poema deixe ver algunha das relacións sintácticas que coñecedes. Aquí vos deixamos algunhas ideas:
1.- Amor entre Suxeito e Predicado.
2.- Desamor entre o Verbo e Complemento de Réxime ou Suplemento.
3.- Nostalxia do Suxeito co Atributo.
4.- Loita entre CCModo e o Predicativo.
Animádesvos a facer un micropoema relacionado coa sintaxe?
Podedes descargar o padrón aquí padrón micropoesía e ver o exemplo que nos propón aquí.