Enigmas [II]: A cea do gobernador

AG.- Para xogar cos enigmas sempre é boa idea acudir aos clásicos. E entre eles, como non, Lewis Carroll. O autor de Alicia no pais das marabillas foi un dos primeiros en facer das matemáticas un pasatempo. Esa idea inspirou gran parte dos seus textos, como os problemas matemáticos e lóxicos que publicou, entre 1880 e 1885, na revista The Monthly Packet.

Co tempo, eses enigmas converteríanse no libro Un conto enredado. O segundo dos seus relatos, titulado «A cea do gobernador», resulta un problema lóxico-lingüístico tan breve como diabólico. Ideal para espremer os miolos poñendo en práctica a capacidade de razoamento e tamén o vocabulario das relacións de parentesco.

 

 

A cea do gobernador

O gobernador de Kgovjni quere celebrar unha cea íntima, á que pretende convidar o cuñado do seu pai, o sogro do seu irmán e o pai do seu cuñado. Cal é o menor número posible de convidados á cea?

 

SOLUCIÓN AO ENIGMA [I]: QUE PALABRA É (16-4-20): Ao engadir a comiñas que faltan descubrimos que non é unha única palabra, senón varias: esta (4 letras), ten (3 letras), decote (6 letras), raramente (9 letras) e endexamais (10 letras).

 

 


2 comentarios en «Enigmas [II]: A cea do gobernador»

    • 28 Abril 2020 ás 17:36
      Ligazón permanente

      Graciñas, Amalia. Tamén mola que vos gusten. A min sempre me engaiolaron eses enredos.

      Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *