Construímos un instrumento con Abraham Cupeiro
AG.- Quen dixo que construír o teu propio instrumento fose tarefa difícil? Seguindo os sinxelos pasos que nos dá Abraham Cupeiro, seredes quen de construír unha protogaita. Protogaita porque non ten fol e son as fazulas as que fan esa función. Reparade en que Abraham, cando toca a pequena peza, ao final emprega a respiración circular.
Instrumentos antigos como son o oulos grego, a tibia romana ou co launeddas de Cerdeña (este último segue usándose na actualidade nesta illa italiana), son instrumentos cos que está emparentado este pequeno experimento.
Por outra banda, ata non hai moitos anos, os nosos maiores construían instrumentos seguindo a mesma técnica para xogar con eles.
Anímate a construír o teu e compárteo con nós. Podes deixar ligazón nos comentarios ou enviárnolo a aulasgalegasmusica@gmail.com