O slapstick
AG.- A continuación, Clara Pino déixanos un vídeo de Harold Lloyd da película For heaven´s sake (1926) e a explicación onde poderedes observar todos os elementos que caracterizan ao slapstick.
Esperamos que o gocedes!
Slapstick (traducido do inglés como “bufonada”, “pallasada” ou tamén “golpe”) é un subxénero da comedia que se caracteriza por presentar accións esaxeradas de violencia física que non derivan en consecuencias reais de dor. O slapstick é unha forma buliciosa de comedia que basea o seu atractivo na dor, na farsa, os golpes e as bromas prácticas do humor cru para crear un efecto cómico no espectador, sobrepasando os límites do sentido común.
O humor slapstick é un enfoque da comedia que recorre a bromas esaxeradas do humor físico para definir unha produción dramática que contén un argumento sinxelo. Convértese nun dos primeiros enfoques do cinema e da animación, o cal florecería desde os anos 1900 a 1940. O slapstick convértese nun elemento clave do humor estadounidense, estilo de humor cru que marcou a produción fílmica e televisiva durante a primeira metade do século XX coa explotación excesiva da comedia física.
Este xénero da comedia é tamén unha forma usual de gag cómico que resulta nunha imposibilidade física ou ocorrencias inesperadas que transmiten un chiste práctico a través da utilización de secuencias visuais, normalmente converténdose en bromas prácticas clásicas que representan unha referencia recorrente na produción dramática, fílmica ou televisiva (Exemplos: lanzar un pastel á cara ou un personaxe golpeado cunha tixola).
Entre os grandes do slapstick atopamos a Charles Chaplin (1889-1997), Harold Lloyd (1893-1971) e Buster Keaton (1895-1966).