O binomio fantástico
AGR.- Hoxe a mestra Fátima Rúa quere compartir con nós un recurso ideado polo lingüista e escritor Giani Rodari na súa “Gramática de la fantasía” (1973): o BINOMIO FANTÁSTICO.
En palabras de Rodari (1973): “non basta un polo eléctrico para provocar unha chispa, fan falta dous”. Con isto, quere explicarnos que para crear unha verdadeira historia fantástica non basta cunha palabra, precisamos dúas para que xurda a maxia. Así agroma o binomio fantástico.
Para que sexa un verdadeiro binomio fantástico precisamos dúas palabras suficientemente afastadas, que sexan estrañas entre elas. Así, Rodari desbota o binomio cabalo – can por ser palabras moi próximas e decántase polo binomio fantástico can – armario.
Por tanto, precisamos pór en marcha a nosa fantasía para atopar unha relación fantástica entre elas. O procedemento que suxire Rodari consiste en relacionar as palabras con preposicións:
- O can co armario
- O armario do can
- O can sobre o armario
- O can no armario
- …
E a raíz de aí, crear diferentes situacións que dean lugar a moitas historias distintas.
Podemos xogar escollendo nós palabras as palabras na casa, xunto coa nosa familia, e incluso pedirlles a eles axuda á hora de relacionalas. Tamén podemos empregar esta ficha con diferentes palabras e debuxos.
Primeiro crearemos a historia oralmente e despois escribirémola no papel (para isto tamén podemos pedir axuda na casa). Atréveste a crear?