Exercicios respiratorios
AGR.- O servizo de Rehabilitación e Medicina Física do CHUVI vén de publicar un vídeo de exercicios respiratorios dirixido a pacientes infectados con COVID-19. Son unha serie de exercicios orientados á recuperación respiratoria, polo que todos/as podemos beneficiarnos, especialmente aquelas persoas que padecen dalgunha doenza relacionada. A través destes exercicios conseguiremos unha mellora da capacidade pulmonar e da musculatura en xeral, atrasando a sensación de fatiga, recuperación respiratoria así como a prevención de posibles complicacións, aspectos moi presentes na terceira idade.
Animádevos a poñer en práctica as recomendacións do doutor Ouviña e a doutora Fernández-Castañón.