Ritmograma Ronsel

AG.- Patricia Sánchez, consciente da situación na que estamos todos e todas, propón unha actividade que se pode levar a cabo con culleres de pau e uns garfos. Collede os vosos instrumentos, poñede o vídeo e a tocar!!

Se queredes e tedes imaxinación, na cociña hai un montón de utensilios que poden ser utilizados para tocar esta canción.  Deste xeito, poderedes experimentar con distintas sonoridades, timbres e sensacións.

Iso si, preguntade a algún maior antes de coller algo que non sexa moi aconsellable!!!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *