Regueifa expansiva en tempos de crise

AG.- Deixámosvos aquí unha serie de recursos educativos para achegarvos nestes tempos de crise á improvisación oral en verso. Tentaremos ir subindo, neste mesmo caixón de versos expansivos, máis ligazóns de interese para facer medrar en vós a poesía e a música que levades sementada dentro.

Este proxecto educativo que vos presentamos está improvisado por Manolo Maseda e Séchu Sende, dous docentes activistas que acreditan no traballo cooperativo e na creación colectiva. Así pois empregade a vontade o material para que medre a regueifa.

PROXECTO REGUEIFESTA

https://prezi.com/9cn3lwfy4rx_/proxecto-regueifesta/

A Regueifesta é un proxecto educativo desenvolvido dende hai anos conxuntamente nos IES de Vila de Cruces e de Baio. Un espazo colaborativo no que Manolo Maseda e Séchu Sende xuntaron a sinerxia da música e da poesía para poñer en valor a regueifa como ferramenta educativa e de transformación social.

UNIDADE DIDÁCTICA DA REGUEIFA

https://enregueifate.gal/wp-content/uploads/2019/03/Unidade-did%C3%A1ctica-regueifa.pdf

Un achegamento á Regueifa para comezar a improvisar deseguida 😉

VIDEO DA REGUEIFESTA NO AUDITORIO DE GALIZA

https://www.youtube.com/watch?v=sYEPOO8tsNE

Video enteiro da Regueifesta 2018 por se vos presta ver o talento da rapazada de toda Galiza.

CERTAME ENREGUÉIFATE

https://enregueifate.gal/oproxecto/

É unha boa época para ir facendo os videos en familia para o proxecto “Enreguéifate”. Animádesvos?

CURRÍCULUM DE RIOV (Repente e Improvisación Oral en Verso)

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmaximinoromerodelema/system/files/regueifa.pdf

Aquí tendes á vosa disposición o currículum realizado para o alumnado de RIOV de 1º e 2º da ESO en Baio e Vila de Cruces, aprobado como materia de libre configuración de Centro.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *