O emocionbot
AG.- Neste confinamento que nos toca vivir é moi importante a xestión das emocións. Para os nenos e as nenas e, por suposto, para as familias é fundamental expresar como nos sentimos e identificar e expresar emocións básicas.
A mestra Fátima Romero propónnos unha actividade onde a creatividade e a expresión de emocións son as protagonistas!
Neste arquivo cóntanos o desenvolvemento da actividade. As imaxes son un exemplo, xa que sabemos que a imaxinación anegará os vosos fogares para facer unha morea de Emocionbots diferentes, mais cun mesmo obxectivo!!
Unídesvos ao reto?