Día da Terra: refugallando con plástico

AG.- Hoxe celébrase o Día da Terra. E se reciclamos un pouco para coidala?

Coñecedes cal é o ciclo da vida dunha botella de plástico? Investigade
porque é moi interesante!
Fixádevos nos triángulos que teñen todos os obxectos feitos con plástico,
incluso os vosos xoguetes. Todos teñen un número e, ás veces, unhas letras.
Van do 1 ao 7. Canto máis baixo é o número máis doado resulta o seu
reciclado. Aínda así, debemos reducir o consumo de plásticos dun só uso,
buscando entre todos e todas outras alternativas máis sostibles e
respectuosas co medioambiente.
HOXE, para celebrar o DÍA DA TERRA, e coidala un pouquiño máis,
propoñémosvos reciclar botellas, vasos de iogur e de flan feitos con plástico.
Darémoslles outra vida que, de seguro, vos vai gustar. Botádelle un ollo ao
vídeo e se queredes, lede os pasos que tedes que seguir coa axuda da familia.
APUNTÁDEVOS Á RECICLAXE!

E aquí tedes os pasos para realizardes unha chea de actividades:

PROCESO-PLÁSTICO-22 abril_Terra

Lucía Lence Expósito

Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *