Día da Terra
AG.- Hoxe celébrase o Día da Terra e o seu secretario xeral, António Gutierres, anímanos a tranformar en positivo a crise que estamos vivindo, como unha oportunidade real de mudar o futuro e propón seis medidas para que poidamos avanzar neste sentido.
A mensaxe é unha boa oportunidade para traballar en todas as materias: economía, tecnoloxía, matemáticas, linguas e nas áreas científicas, e en todos os niveis educativos.
Compartimos algunhas actividades simples para os rapaces que, de seguro, ides mellorar. Animámosvos a participar no Congreso Virtual CLMTK2020, desenvolvido polo Proxecto Climántica; un proxecto recomendado polo alto Comisionado das Nacións Unidas para o Cambio Climático. Nel tedes acceso a unha excelente selección de contidos para traballar na aula en galego e tamén para a formación para o profesorado.
1- Que significa unha transición verde? É posible?
2- Crecemento sostible. Son posibles modelos de crecemento non baseados no consumo excesivo? Agora que estás vivindo o confinamento, que cousas pensas que son imprescindibles na túa vida e de cales podes prescindir? Elaboramos un vídeo con propostas creativas que freen o consumo?
3- Economía verde e aumento da resilencia na sociedade e nas persoas. Que significa resilencia? Como cres que se pode potenciar na sociedade? Esta crise fíxote máis resilente? Cóntanolo nun poema.
4- Investimentos en sectores e proxectos sostibles que axuden ao medio ambiente e ao clima. Tes algunha idea? Coñeces exemplos cerca da túa casa? Compártea nunha campaña en redes.
5- Incorporar nos sistemas financeiros, nas políticas públicas e nas infraestruturas os riscos e oportunidades relacionados co clima. Que riscos e oportunidades están relacionados co clima? Esta crise é unha mostra das relacións entre a saúde humana, animal e ambiental, cres que será á unica que imos vivir? Por que? Deseñamos cartaces sobre pandemias e a súa solución, sobre a implantación do 5G, etc.
6- Traballar xuntos como unha comunidade internacional. A solidariedade é o que nos fai humanos. Que accións solidarias destacas nesta crise? Anímate a crear unha composición musical, regueifa ou rap.
Desde Galicia temos moito que dicir ás propostas da ONU!