Breakout virtual. Repaso Lingua Galega (1-2 ESO)
AG.- Breakout virtual que parte da lectura do comezo do libro Dragal IV: A estirpe do dragón de Elena Gallego, liberado por Xerais para o confinamento. A partir da lectura xs xogadorxs deberán ir pasando fases con distintos retos relacionados coa Lingua Galega (vocabulario, clases de palabras, acentuación) e que saen no relato.
Magnífico xogo dispoñible nesta ligazón e creado pola mestra Amalia P. Otero (PT do IES San Paio- Tui).
Magnífica actividade, aparte de divertida moi útil para o alumnado.
Graciñas. Alégranos que vos sexa útil. Mérito da autora, Amalia P. Otero.