Queres coñecer a cultura innuit?

AG.- A nosa compañeira Olga Rodríguez  convídate a coñecer unha serie de libros que te achegarán a unha cultura da que seguramente saberás moi pouco: a cultura innuit. Estades preparados e preparadas para saber máis sobre ela? Adiante!

O Nacemento de Nunabut é o primeiro dunha serie de catro títulos escrita por Xoán Abeleira e ilustrada por Jacobo Fernández Serrano para Edicións Xerais.

A protagonista é unha nena innuit que se chama Nunabut. E as aventuras comezan co seu nacemento.

O  pobo innuit sobrevive nunha das rexións máis frías do planeta: o Círculo Polar Ártico, o territorio entre Alaska e Groenlandia.

Os innuits viviron illados do mundo ata mediados do s. XIX en que entraron en contacto cos exploradores que ata alí chegaron. Así, todas as súas tradicións e o seu modo de vida chegaron ata hogano practicamente intactas.

Ao longo dos libros imos achegándonos á sua cultura e descubrimos un mundo fascinante de seres fantásticos e lendas que mesturan cazadores de baleas, loita pola supervivencia… Ademais, tamén están as peripecias normais da infancia dunha nena que, ao fin e ao cabo é iso: unha nena.

Mentres non tes acceso a esta lectura tan estimulante, queres ver como se constrúe un igloo? https://youtu.be/4i6_jdl3RIE

Aquí tes máis información  libros: https://www.xerais.gal/autores.php?tipo=autores&id=100005106


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *