Bailemos unha xota con Miguel Sotelo!

AG.- Voltamos co baile tradicional a ritmo de xota.  Neste caso, Miguel Sotelo e Andrea Cabanelas amósannos uns puntos ben bonitos e moi axeitados para seren botados no salón das nosas casas coa familia.  Bailan ao ritmo do grupo Tiruleque que interpreta a xota de Alvite.

Esperemos que o pasedes ben e  sexades quen de aprendelos para que, chegado o día, poidades botalos nos seráns ou foliadas.

Prestade atención e  facede sitio no salón. Comeza!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *